Professional Development League
Tipo | liga de fútbol |
---|---|
A Professional Development League é un sistema de ligas de fútbol xuvenil que están xestionadas, organizadas e controladas pola Premier League ou a Football League. Foi introducido pola FA a través da Elite Player Performance Plan en 2012.[1]
O sistema introduciuse a principios de 2012 e estivo activo por primeira vez durante a tempada 2012-13. É o sucesor da Premier Reserve League, Premier Academy League e a Football Combination. A Football League Youth Alliance creou a League 2 para os sub-18. O sistema abrangue as categorías sub-18, sub-21 e sub-23.[1]
Anteriormente, os clubs que participaban na Premier Reserve League (o máis alto nivel do fútbol de reserva en Inglaterra) eliminábanse da competición se o seu primeiro equipo da Premier League descendera e eran substituídos por un equipo ascendido. Baixo o sistema da Professional Development League, os equipos de reserva da Premier League non están directamente relacionados co estado do primeiro equipo da Premier League. En cambio, hai tres Professional Development Leagues diferentes, unha por cada nivel de grupo de idade e os catro clubs mellor clasificados do sistema de ligas de fútbol de Inglaterra colócanse no sistema baseándose na avaliación da súa academia para o Elite Player Performance Plan (EPPP).
Sub-23
[editar | editar a fonte]Copa/s da Liga | Premier League Cup EFL Trophy |
---|---|
Copa/s internacionais | Premier League International Cup |
Campión actual | Manchester City (1.º título) |
Máis campionatos | Manchester United (3 títulos) |
Premier League 2
[editar | editar a fonte]De 2012 a 2016, a liga xuvenil máis importante das academias da categoría 1 da EPPP foi a liga sub-21 coñecida como Premier League sub-21, con tan só catro xogadores no campo superando a idade da categoría. Desde a tempada 2016–17 en adiante, a competición denomínase Premier League 2 e o límite de idade aumentou dos 21 aos 23 anos.[2]
A competición divídese en dúas divisións, con ascensos e descensos entre elas. Os clubs da Premier League 2 poden tamén disputar a Premier League Cup, a Premier League International Cup e mais o EFL Trophy, restrinxido a futbolistas sub-21.[3]
Campións da Liga 1
[editar | editar a fonte]Tempada | Campións |
---|---|
2012–13 | Manchester United |
2013–14 | Chelsea |
2014–15 | Manchester United |
2015–16 | Manchester United |
2016–17 | Everton |
2017–18 | Arsenal |
2018–19 | Everton |
2019–20 | Chelsea |
2020–21 | Manchester City |
Club | Títulos | Tempada |
---|---|---|
Manchester United | 3 | 2012-13, 2014-15, 2015-16 |
Chelsea | 2 | 2013-14, 2019–20 |
Everton | 2 | 2016-17, 2018-19 |
Arsenal | 1 | 2017-18 |
Manchester City | 1 | 2020–21 |
Campións da Liga 2
[editar | editar a fonte]Tempada | Campións |
---|---|
2014–15 | Middlesbrough |
2015–16 | Derby County |
2016–17 | Swansea City |
2017–18 | Blackburn Rovers |
2018–19 | Wolverhampton Wanderers |
2019–20 | West Ham United |
2020–21 | Leeds United |
Club | Títulos | Temporada |
---|---|---|
Middlesbrough | 1 | 2014-15 |
Derby County | 1 | 2015-16 |
Swansea City | 1 | 2016-17 |
Blackburn Rovers | 1 | 2017-18 |
Wolverhampton Wanderers | 1 | 2018-19 |
West Ham United | 1 | 2019-20 |
Leeds United | 1 | 2020-21 |
Professional Development League
[editar | editar a fonte]Campión actual | Birmingham City (1.º título) |
---|---|
Máis campionatos | Charlton Athletic Crewe Alexandra Swansea City Huddersfield Town Sheffield Wednesday Bolton Wanderers Leeds United Birmingham City (1 título) |
A Professional Development League é a segunda categoría de importancia do sistema de ligas xuvenil da EPPP. Está composta por dúas divisións rexionais, decidíndose o gañador global tras a serie de play-offs de fin de tempada —os equipos clasificados nas dúas primeiras posicións de ambas divisións pasan a disputar semifinais e final para así determinar o campión xeral.
Campións
[editar | editar a fonte]Tempada | Campións |
---|---|
2012–13 | Charlton Athletic |
2013–14 | Crewe Alexandra |
2014–15 | Swansea City |
2015–16 | Huddersfield Town |
2016–17 | Sheffield Wednesday |
2017–18 | Bolton Wanderers |
2018–19 | Leeds United |
2019–20 | Cancelada por mor da pandemia de COVID-19 |
2020–21 | Birmingham City |
Club | Títulos | Temporada |
---|---|---|
Charlton Athletic | 1 | 2012-13 |
Crewe Alexandra | 1 | 2013-14 |
Swansea City | 1 | 2014-15 |
Huddersfield Town | 1 | 2015-16 |
Sheffield Wednesday | 1 | 2016-17 |
Bolton Wanderers | 1 | 2017-18 |
Leeds United | 1 | 2018-19 |
Birmingham City | 1 | 2020-21 |
Sub-18
[editar | editar a fonte]Liga 1
[editar | editar a fonte]Copa/s doméstica/s | FA Youth Cup |
---|---|
Copa/s internacionais | Liga Xuvenil da UEFA |
Campión actual | Manchester City (3.º título) |
Máis campionatos | Manchester City (3 títulos) |
A liga sub-18 creouse para as academias da categoría 1 da EPPP, xunto coa formación da Professional Development League en 2012 en substitución da Premier Academy League. Denominada Premier League sub-18, a competición divídese en dúas divisións rexionais. Os dous gañadores de cada división disputan a final para determinar os campións na xeral. Os vencedores da máxima división clasifícanse para a UEFA Youth League.
Campións
[editar | editar a fonte]Tempada | Campións |
---|---|
2012–13 | Fulham |
2013–14 | Everton |
2014–15 | Middlesbrough |
2015–16 | Manchester City |
2016–17 | Chelsea |
2017–18 | Chelsea |
2018–19 | Derby County |
2019–20 | Manchester City |
2020–21 | Manchester City |
Club | Títulos | Temporadas |
---|---|---|
Manchester City | 3 | 2015-16, 2019–20, 2020–21 |
Chelsea | 2 | 2016-17, 2017-18 |
Fulham | 1 | 2012-13 |
Everton | 1 | 2013-14 |
Middlesbrough | 1 | 2014-15 |
Derby County | 1 | 2018-19 |
Liga 2
[editar | editar a fonte]Copa/s domésticas | FA Youth Cup |
---|---|
Campión actual | Sheffield Wednesday (1.º título) |
Máis campionatos | Charlton Athletic (3 títulos) |
A Professional Development League sub-18 é a segunda categoría de importancia do sistema de ligas sub-18 do EPPP. Está composta por dúas divisións rexionais, decidíndose o gañador global tras a serie de play-offs de fin de tempada —os equipos clasificados nas dúas primeiras posicións de ambas divisións pasan a disputar semifinais e final para así determinar o campión xeral.
Campións
[editar | editar a fonte]Club | Títulos | Tempadas |
---|---|---|
Charlton Athletic | 3 | 2014-15, 2015-16, 2017–18 |
Queens Park Rangers | 1 | 2012-13 |
Huddersfield Town | 1 | 2013-14 |
Sheffield United | 1 | 2016-17 |
Sheffield Wednesday | 1 | 2018–19 |
Wigan Athletic F.C. | 1 | 2020–21 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Youth development rules" (pdf). TheFa.com. Consultado o 8 de agosto de 2012.
- ↑ "Premier League 2: Competition format explained". Premier League. Consultado o 26 de xullo de 2016.
- ↑ "'Premier League 2 gives optimum opportunities'". Premier League. Consultado o 31 de xullo de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fútbol |
A Galipedia ten un portal sobre: Reino Unido |